Héctor Cajaraville, autor de Kusuma, veu ó noso colexio o pasado 31 maio para contarnos cousiñas do seu libro, lido ao longo deste trimestre. Explicounos que Kusuma é unha fábula na que tentou transmitir unha serie de valores como o traballo en equipo, o coidado do planeta, a igualdade e o respecto á diversidade. Foi unha charla moi enriquecedora; xa que o alumnado de 5º, puido preguntarlle ao escritor, tódalas aquelas dúbidas que foron xurdindo cando o limos. Un libro absolutamente recomendable!👌
Ningún comentario:
Publicar un comentario