Seguimos cos obradoiros de Educación Emocional que se están a impartir en 5º. Este luns, 30 de maio, visitounos a deportista de Salvaterra do Miño, Lucía Rodríguez. Ela combina o deporte, concretamente o bádminton, a nivel profesional, xunto cos estudos de 2º de Bacharelato. Falounos da súa experiencia no Centro de Alto Rendemento. Contounos como empezou a xogar a este deporte.
Tamén compartiu connosco as súas medallas! Graciñas Lucía!
Ningún comentario:
Publicar un comentario