mércores, 29 de marzo de 2023

INAUGURACIÓN

A pista de xogos azul, xa está inaugurada. Trátase dun proxecto de centro co fin de que os nenos e nenas teñan diversidade de espazos e proostas, para levr a cabo recreos máis inclusivos.

Os nenos e nenas de 6º de primaria tiveron un papel protagonista durante toda a xornada, sendo eles e elas os encargados de monitorizar os diferentes xogos, e, por suposto, XOGANDO E DESFRUTANDO.














Moitas grazas nenos e nenas estades a facer un traballo formidable.

xoves, 23 de marzo de 2023

EXCURSIÓN A SANTIAGO DE COMPOSTELA

Premendo na imaxe veredes as fotos da excursión a Santiago de Compostela.

Ciencia, Natureza e Arte encheron a nosa visita.

Agradecemos a participación de Meteogalicia e a guía do persoal que amablemente nos atendeu durante o percorrido pola Cidade da Cultura.



mércores, 8 de marzo de 2023

DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

O 8 de marzo celebramos o Día Internacional da Muller. 

Os nenos e nenas de 6º levan unhas semanas traballando a biografía de diferentes mulleres, coas que creamos unha parede adicada especialmente a ELAS. 

Ademais de traballar conceptos como igualdade de xénero, discriminación, brecha salarial...

 






Moitas grazas a todos e todas