Xa estamos de volta...Comeza un terceiro trimestre nunhas circunstancias especiais que nos siguen obrigando a seguir nas nosas casas. Xuntas-xuntos, pero na distancia, temos moito que contar...Así que comezamos:
Que tal a semana?
Se vos animades podedes compartir connosco algunha imaxe, debuxo, anécdota ou experiencia destes días. Despois, subiríamolas ao noso blog e as dúas clases poderíamos ter noticias das compañeiras e dos compañeiros.
Tamén podedes escribir no noso faladoiro, ou facer algún comentario nas diferentes entradas do blog, escribir algún gmail...
As profes tamén esperamos as vosas noticias con ilusión.
.........
Que fixemos nós? Buscade a resposta no faladoiro 😉😊😍
Ningún comentario:
Publicar un comentario