venres, 3 de abril de 2020

UN PEQUENO DESCANSO


O noso blog vai descansar uns días...non haberá  propostas nin entradas novas durante o período non lectivo  das vacacións de Semana Santa.


Tedes moitas actividades coas que compartir o tempo e axudar na casa. Non esquezades contactar cos familiares que non tedes cerca, especialmente aos maiores, e tamén intercambiar saúdos coas vosas amizades...Seguro que volo agradecen. 

Hai tempo para todo: ler, escribir, pintar, colorear, cociñar, cantar, bailar, xogar, ver unha boa película, descansar...navegar polo noso blog -mesmo o Manual da supervivencia que enganchamos a dereita do blog-.  

Seguiremos proximamente compartindo fotos, videos, traballos...😉😊

Moito ánimo!!! 

Ningún comentario:

Publicar un comentario