luns, 20 de abril de 2020

PROPOSTAS semana 20 ao 24 de abril

Aportamos novas SUXESTIÓNS e recordamos que seguimos en contacto. Temos a vosa disposición o chat do faladoiro e os correos do blog e do centro.


1.  Temos a montaxe das receitas e propoñemos actividades coa letra da canción Resistiré.

2. Coas aportacións recibidas  ata o mércores 22 da proposta de centro FAMILIAS LECTORAS prepararemos sorpresa para celebrar O DÍA DO LIBRO. Estade atentas e atentos...Cada día imos subindo as imaxes recibidas e montadas en diapositivas. 
 
3.   A proposta cos retos matemáticos segunda quincena de abril sigue ata o día 30 de abril. Recibimos xa por correo gmail as fotos de nenas e nenos que remataron os 11 retos...esperamos a vosa participación. Son retos de repaso, o día 1 de maio daremos as solucións.
Retos segunda quincena de abril 
Plantilla para anotar solucións


4. Temos aberta a proposta de LIBROS FAVORITOS ata o mércores 29. Recordamos que para participar nesta actividade precisamos dúas fotos: 
-Unha foto vosa co libro favorito na que se vexa a portada.
-Unha segunda foto do traballo escrito coas razóns polas que é o voso libro preferido -coidando letra e presentación-
Xa chegaron as primeiras participacións e iremos engadindo día a día. 

5. Unha suxerencia artística. Clicade no seguinte enlace:
Coas miñas mans
A que invita a facer algunha artistada...😉😊


6. Suxerimos unha actividade escrita dunhas oito/dez liñas, escrito a man, coidando letra e presentación en lingua castelá.
Título: DESDE  MI  VENTANA 
Todas e todos nós seguimos nas nosas casas esperando que mellore a situación e poidamos saír...Temos fiestras desde as que vemos. Que vemos? Mirade, observade, contádeo e compartilo.
Serían dúas fotos:
-Unha foto vosa co mellor sorriso con ventá por exemplo 😍
-Unha foto da vosa redacción.
Veredes como aplaudimos cando teñamos todas esas vistas xuntas e ademais sexan unha grande anécdota porque PODEREMOS SAÍR PRONTO. 😉
Prazo de entrega ata o xoves 30 de abril.

7. Podedes acceder directamente aos blogs de Música, EF  e Inglés na esquina esquerda do blog, onde tamén está  o enlace da profe de Relixión Católica.

Ningún comentario:

Publicar un comentario