Podemos compartir unha actividade de escritura coa clase e en familia.
Este ano é o centenario do nacemento de Gianni Rodari ilustre escritor,mestre, pedagogo e xornalista italiano. Sería bo que partindo deste anaquiño de relato da súa obra “Contos por teléfono”:
” Un ratiño dos cómics, cansado de vivir entre as páxinas dun
xornal e desexando cambiar o sabor do papel polo do queixo, deu un bo salto e
atopou… “
Elaboremos un contiño ou unha historia,
ilustrando o que nos apeteza, para que despois fagamos o libriño conxunto “Escribimos historias co ratiño de Gianni Rodari”.
Como imos facer?
1. Que cada nena, neno coa familia empece
escribindo o anaquiño do relato que esta en vermello e continúe a historia como
desexe (8-10 liñas). Escribiríano e engadirían
un debuxo relacionado co conto escrito. Faríamos ese traballo nunha folla vertical para facilitar a montaxe conxunta.
2. Unha vez rematado, mandaremos o
redactado co debuxo ao correo do noso blog
Prazo de entrega venres 8 de maio.
Ningún comentario:
Publicar un comentario