Aportamos novas SUXESTIÓNS e recordamos que seguimos en contacto. Temos a vosa disposición o chat do faladoiro e os correos do blog e do centro.
1.Temos xa o video de FAMILIAS LECTORAS e propoñemos actividades coa letra da canción VIVIR de Rozalén.
2. A proposta cos retos matemáticos segunda quincena de abril sigue ata o xoves 30 de abril. Recibimos xa por correo gmail as fotos de nenas e nenos que remataron os 11 retos...esperamos a vosa participación. Son retos de repaso, o día 1 de maio daremos as solucións.
Retos segunda quincena de abril
Plantilla para anotar solucións
Non esquezades repasar cálculo e pronto teremos unha proposta matemática moi entretida.
3. Temos aberta a proposta de LIBROS FAVORITOS. Recordamos que para participar nesta actividade precisamos dúas fotos:
-Unha foto vosa co libro favorito na que se vexa a portada.
-Unha segunda foto do traballo escrito coas razóns polas que é o voso libro preferido -coidando letra e presentación-
O prazo está posto ata o mércores 29.
4. Temos aberta a proposta presentada a semana pasada DESDE MI VENTANA
Recordamos, serían dúas fotos:
-Unha foto vosa co mellor sorriso coa ventá por exemplo 😍
-Unha foto da vosa redacción coidando a presentación e a caligrafía.
Prazo de entrega ata o xoves 30 de abril.
5. Na columna esquerda do blog temos "xogos en familia", esta semana incorporamos unha divertida XINCANA LITERARIA.
6.“Escribimos historias co ratiño de Gianni Rodari”.
Trátase dunha actividade de centro. A proposta detallada aparece nunha entrada aparte e mandámola por tokapp.
7. Podedes acceder directamente aos blogs de Música, EF e Inglés na esquina esquerda do blog, onde tamén está o enlace da profe de Relixión Católica.
Correo-e de Música:musicavilaverde@gmail.com
Correo-e de Inglés: vilaverdeenglish@gmail.com
Correo.e de Relixión: Relivilaverde@gmail.com
Ningún comentario:
Publicar un comentario