mércores, 5 de febreiro de 2020

VISITA AO CENTRO DE INVESTIGACIÓN FORESTAL DE LOURIZÁN


Hoxe, dentro do noso proxecto de PLANTAS, tivemos a enorme sorte de gozar dunha saída ao Centro de Investigación Forestal de Lourizán.

Ao principio, chamou a nosa atención a fachada e a escalinata do pazo, que unicamente poden verse desde fóra.

Alfredo acompañounos durante todo o percorrido, presentouse como traballador do centro e bombeiro forestal. Observamos e aprendimos moito coas súas explicacións durante toda a camiñata. Levaba unha caixa máxica da que, de cando en vez, saían diferentes obxectos curiosos coma sementes, insectos, follas -por ex. a do ginkgo-, unha torada de corticeira, resina...

Na finca destacamos o Xardín Botánico con varias fontes e unha grande variedade de especies árboreas e arbustivas, algunhas delas exemplares únicos como unha unha sequoia, unha cryptomeria xapónica, unha metasequoia, un cedrus libani, unha araucaria e algún castiñeiro oriental que aparecen no Catálogo de Árbores Senlleiras da Xunta de Galicia.
Moitas curiosidades: a gruta dos espellos, unha mesa de 6 metros de granito dunha  peza -din que traida da Illa de Tampo- , o enorme invernadoiro de cristal, un hórreo con 16 pes...
Por certo, no invernadoiro poidemos identificar varias especies de plantas carnívoras.

Moita HISTORIA e moita NATUREZA por contar e por coidar.

Seguimos a sensibilizarnos co MEDIO AMBIENTE. Repasamos tamén o que estamos traballando nas nosas aulas e os "superpoderes" das plantas.
Recollimos diferentes sementes, follas, froitos do chan...
https://photos.app.goo.gl/hDjMWcdqrA3EohoY8
Clica sobre a imaxe para ver todo o álbum
A reportaxe gráfica é unha pequena mostra de todo o que este enorme espazo ofrece aos sentidos.
A visita resultou todo un éxito e o tempo soleado acompañounos como se fora xa primavera.
Grazas ao Centro e ao noso guía Alfredo.

Ningún comentario:

Publicar un comentario