Hoxe tivemos a segunda parte do OBRADOIRO de PREVENCIÓN da DOR DE COSTAS. Estivo a cargo do
fisioterapeuta Manuel Fraiz.
Quedaramos emprazadas e emprazados para poñer en práctica todo o que aprendimos na primeira sesión de XANEIRO, o que limos no folleto explicativo que se nos achegou e as instruccións do cartel que temos na clase.
Revisamos como recoller obxectos do chan sen forzar as costas, como manter unha
postura axeitada na cadeira, na lectura e na escritura. Por mor da pandemia e protocolo COVID non traballamos nin manipulamos mochilas.
Os malos hábitos teñen consecuencias na nosa saúde...así que intentaremos seguir levándoo á práctica todos os consellos recibidos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario