Durante todo este tempo de confinamento, decatámonos
da importancia duns traballos que tiñamos esquecidos, que estaban ao noso carón
mais non nos fixabamos no imprescindibles que son en situacións como as que
estamos a vivir. As nenas e os nenos deben coñecer isto. Reflexionar sobre que
pasaría se non existisen médicas
e médicos, policías, enfermeiras e enfermeiros, limpadoras e limpadores,
servizo de limpeza do concello, gardas civís, traballadoras e traballadores en
tendas de alimentación, transportistas, persoal de ambulancias, agricultoras e
agricultores, gandeiras e gandeiros,...
Algunhas nenas e algúns nenos do noso centro teñen familiares neses colectivos
e poden comentar en primeira persoa as súas percepcións.
Propoñemos que escriban unha carta, manuscrita en lingua galega, a un deses
colectivos agradecendo o seu traballo, amosando a súa admiración pola súa
dedicación e/ou indicando o importante que consideran o seu traballo, tamén
pode ser unha carta para contar a súa experiencia como familiar dalgunha das
persoas que non puideron confinarse ao pertencer á franxa de traballos
imprescindibles. Compartiremos no blog e
faremos chegar as cartas virtualmente aos colectivos que temos ao noso redor.
1.
Escribimos en folio unha carta con letra lexible.
2. Remitimos a nosa escrita
ao correo do noso blog: pequesvila@gmail.comApertas
Ningún comentario:
Publicar un comentario