luns, 30 de marzo de 2020

AVISOS semana 30 de marzo ao 3 de abril

Aportamos novas SUXESTIÓNS e recordamos que seguimos en contacto e temos a vosa disposición os correos aportados nun tokapp.

- Na marxe esquerda, debaixo das entradas anteriores, engadimos novos contos, historias e consellos sobre o coronavirus con e sen pictogramas para comentar, completar, debuxar...

- Actualizamos enlaces lúdicos.

- Coas fotos ou PDF dos carteis da proposta QUEDAMOS NA CASA montamos un pequeno video. Noraboa pola vosa participación!
  
- Ademais das suxestións recollidas na entrada de PROPOSTAS DE TRABALLO incorporamos algunha tarefa:

Novas actividades matemáticas con actividades de euros e céntimos.
 
Avanzar nas actividades de lectura e comprensión lectora  interactiva en lingua castelá (precísase Adobe Flash Player) ou clicando no seguinte PDF.

Actividades en lingua galega de lectura, comprensión lectora e vocabulario:
.Traballar co texto do canción Chea de vida.
.Enredos culinarios 
.Receita de biscoito con pictos.

En Ciencias Sociais, incorporamos un xogo interactivo de repaso dos continentes e océanos e o rap dos continentes  (tamén están enganchados na marxe dereita do blog)

En Ciencias Naturais, ademais das investigacións lectoras no blog adelaleiro temos unha entrada  con proposta de cociña para realizar un traballo de participación colectiva.


ÁNIMO, PACIENCIA E FORZA!!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario