luns, 23 de marzo de 2020

AVISOS semana do 23 - 27 marzo

- Convén abrir a aplicación tokapp porque é canle para remitir información desde o centro e desde as nosas titorías de 3º EP.

- Na marxe esquerda do blog temos información sobre programas educativos na rtve e rtvg que comezan a funcionar hoxe.

- Tamén na marxe esquerda, debaixo das entradas anteriores, temos diferentes contos, historias e consellos sobre o coronavirus con e sen pictogramas para ler, comentar que se poden imprimir, se fose posible, para completar e debuxar.

- A continuación, como recursos varios a tantas horas de "confinamento" aparecen enlaces con propostas lúdicas, algunhas coñecidas polo alumnado, outras para imprimir ou copiar, unhas para realizar individualmente e outras en compaña familiar. 

- A dereita do blog está enganchado o PDF "Manual de supervivencia en aislamiento y no morir de aburrimiento" con enlaces a moitas actividades de entretemento, educativas e lúdicas.

- Seguimos recibindo mensaxes, fotos e carteis da proposta QUEDAMOS NA CASA que incorporamos ao blog para animar a todo o noso alumnado e as súas familias. Tamén recibimos e podemos intercambiar mensaxes no gmail do noso blog.
  
- Ademais das suxestións recollidas na entrada de PROPOSTAS DE TRABALLO e tamén nas actividades de É NOTICIA engadimos, pouco a pouco, tarefas online variadas que teñen auto corrección:

Actividades matemáticas

Actividades de lectura e comprensión lectora  interactiva en lingua castelá.

Actividades de comprensión lectora en lingua galega (precísase Adobe Flash Player)

Repaso e sitúo as Comunidades Autónomas de España
(tamén está enganchada a entrada na marxe dereita do blog coa imaxe do mapa político de España)


MOITO ÁNIMO!!!
PRONTO DE NOVO NO COLE!!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario