Hoxe asistimos á representación teatral NANA PARA UN SOLDADO na sede FUNDACIÓN ABANCA. É unha comedia infantil da compañía GHAZAFELHOS protagonizada
por PePablo Patinho, Montse Piñón e Jorge Casas que relata o encontro
de dous soldados inimigos no frente, que terán que esquecer as
súas diferenzas para facerse cargo do nacemento
dun neno.
Tenta facer unha reflexión sobre o absurdo das guerras e a necesidade de escoitarse e respectarse.
Foi moi divertida e o final resultou un pouco triste...na clase retomamos a historia e comentámola con interese.
"A guerra non é un lugar, a guerra non chega ou se vai, pero está
aí...habita nos corazóns atrincherados e nas mentes con metralla"
Ningún comentario:
Publicar un comentario