Coa celebración do día 8 de MARZO - DÍA DA MULLER TRABALLADORA, nas nosas aulas levamos días reflexionando sobre a igualdade ante o traballo.
Limos e comentamos diferentes textos e presentacións.
Falamos de corresponsabilidade ante as tarefas do fogar e a igualdade de oportunidades.
A profe Andrea, o pasado venres e hoxe, presentounos unha actividade que nos mantivo moi atentas e moi atentos.
Comezamos cuestionando:
QUE SABÍAMOS SOBRE ESA DATA?
QUE RECORDÁBAMOS DOUTROS ANOS?
QUE SE CELEBRA E POR QUE É IMPORTANTE?
QUE TEMAS TRABALLAMOS PARA PROMOVER A IGUALDADE?
Despois completamos unha táboa con TAREFAS DO FOGAR sobre as persoas que colaboran máis nelas, comentamos e comparamos. Falamos do significado da palabra FEMINISMO que persigue a IGUALDADE entre mulleres e homes.
O video "Barbie Brecha de sueños" tamén deixou un pouso, falamos de perseguir e buscar os nosos soños...e facelos realidade.
Rematamos a sesión, CANTANDO POLA IGUALDADE. Traballamos a letra da canción "Lo que es nuestro" de Lucía e Natalia Gil. Falamos de corresponsabilidade e de estereotipos, salario, teito de cristal...Disfrutamos moitísimo escoitando a canción e, sobre todo, interpretándoa.
Rematamos a sesión, CANTANDO POLA IGUALDADE. Traballamos a letra da canción "Lo que es nuestro" de Lucía e Natalia Gil. Falamos de corresponsabilidade e de estereotipos, salario, teito de cristal...Disfrutamos moitísimo escoitando a canción e, sobre todo, interpretándoa.
Queremos que este traballo implique un pasiño adiante na igualdade efectiva e corresponsable de todas e todos e non se quede unicamete nunha data no calendario.
Agora imos buscar modelos de mulleres preto de nós e faremos un libriño coas nosas investigacións.
Un libriño sobre mulleres que son importantes nas nosas vidas e que temos moi presentes...
Dentro duns días teredes noticias.
Ningún comentario:
Publicar un comentario