luns, 23 de marzo de 2020

E PROPOSTAS DAS ESPECIALIDADES

Suxestións da materia de Relixión remitidas pola profe Isa. 

Música. A profe Lola invítanos a traballar co seguinte video:
Trátase dun xogo rítmico de ecos para xogar en parella. Podedes probar a facelo con outra música, sempre seguindo a pulsación.


Inglés. A teacher Mª Jesús propón actividades para 3º no blog http://vilaverdeenglish.blogspot.com/ están situadas na marxe dereita como  ACTIVITIES- STAY AT HOME(QUEDA NA CASA)


Educación FísicaNon esquezades pasar tamén polo blog http://efvilaverde.blogspot.com/ onde a profe Mónica vai incorporando entradas con diferentes propostas.


Valores. Seguiremos subindo curtos que nos leven á reflexión...e podemos intentar, como na clase, escribir o lema e facer o debuxo. Puxemos dous novos: "Of mice and moon" e "In a Heartbeat".


Educación Plástica. 
A editorial ZorroRojo aporta o seguinte enlace bit.ly/3b0IkgK con Actividades Manos a la tierra por se algunha ou algún de vós anímase a facer manualidades relacionadas co último dos nosos proxectos: semilleiros, maceteiros...

Ningún comentario:

Publicar un comentario