luns, 4 de maio de 2020

Proposta quincenal: EUROS/CÉNTIMOS - DÍA DE EUROPA



PRIMEIRA PARTE:
Repasamos o uso de moedas e billetes do noso sistema monetario que é o euro €. Lembramos equivalencias, xuntamos a mesma cantidade usando distintas moedas e billetes, entrenamos conteo, pagos e devolucións cando imos mercar...
Temos algúns enlaces que poden resultar de interese:

Moedas e billetes: segue as instruccións e comproba no "tick" de abaixo para poder continuar ao seguinte. No menu da esquerda poderás elexir moedas e billetes.  
Traballamos con diñeiro: moi parecido ao anterior pero máis complexo e completo.
Traballando co euro: coñece primeiro as moedas e os billetes, despois vai mercar e vender para dar a volta.
O monedeiro do euro: parécese ao anterior, pero con outro formato de páxina e algún exercicio distinto.
Conta céntimos: transforma e aprende a escribir de varias maneiras a mesma cantidade de diñeiro.
Dou cambio: xogo para cobrar e devolver cambio.
O mestre do diñeiro: escollemos moeda euro e temos actividades para escoller moedas e cambios.

Agora preme no seguinte enlace para axudar a Xaime e a súa familia a resolver varias actividades. Podedes imprimilas e tratar de resolvelas, ou podedes velas no PDF na pantalla e ir anotando nunha libreta como resolvedes as actividades.
Prazo de entrega 12 de maio.

PROPOSTAS semana 5 ao 8 de maio

Aportamos novas SUXESTIÓNS e recordamos que seguimos en contacto. Temos a vosa disposición o chat do faladoiro e os correos do blog e do centro.

1. Temos as montaxes e videos dos LIBROS FAVORITOS e da actividade DESDE MI VENTANA.


2.  Propoñemos uns pequenos retos matemáticos de repaso para a primeira quincena do mes de maio. Entrega ata o día 15 de maio. Colgaremos as solucións o día 17 de maio. Preme sobre os seguintes enlaces:
Retos primeira quincena de maio
Plantilla para anotar solucións


3. ESCRIBIMOS HISTORIAS CO RATIÑO DE GIANNI RODARI. Trátase dunha actividade de centro con prazo de entrega ata o venres 8 de maio.


4. ACTIVIDADE INTEGRADA con DIÑEIRO (euros, céntimos) e DÍA DE EUROPA. Trátase dunha actividade quincenal con varias propostas. Está explicada nunha entrada aparte e anunciarémola nun tokapp. 

5. PROPOSTA ARTÍSTICA DE CENTRO. Trátase dunha actividade de centro. A proposta detallada aparece nunha entrada aparte e mandámola hoxe por tokapp. Prazo entrega martes 12 de maio.

6. Podedes acceder directamente aos blogs de Música, EF  e Inglés na esquina esquerda do blog con propostas novas, tamén está  o enlace coa proposta de Relixión Católica. 
Enlace coa proposta de Inglés. 
Enlace moedas EF
Enlace Europa EF

Correos para comunicarse coas profes especialistas:
Correo-e de EF: monicaobelleiro@gmail.com
Correo-e de Música: musicavilaverde@gmail.com
Correo-e de Inglés: vilaverdeenglish@gmail.com
Correo.e de Relixión: Relivilaverde@gmail.com 

AS NOSAS HISTORIAS DO RATIÑO

Imos subindo as historias que van chegando coa vosa versión do RATIÑO de Gianni Rodari. 
Lembrade o comezo sempre é o mesmo, vós inventades como remata e ilustrádelo. Este traballo vai escrito en lingua galega.
Prazo de entrega ata o venres 8 de maio.
Prepararemos unha montaxe cos traballos entregados. Ánimo!!! Contamos con todas e todos vós!!!

COMO NOS SENTIMOS CO COVID 19

Lembrade que na parte esquerda do noso blog temos varios contos que axudan a entender a situación que estamos a vivir. Temos tamén material interesante no blog de valores do centro, deixamos o enlace novo:

ACTIVIDADE PLÁSTICA FAMILIAR


PROPOSTA DE CENTRO


Durante o confinamento xeramos moito material de refugallo na casa (rolos de papel, tapóns, follas de xornal, sementes, bolsas, papel, botellas, botes…) e, quen teña xardín, tamén atopará materiais fóra (pedras, follas, flores…) que tal se tentamos  convertelo en arte? Poderemos crear algo: unha escultura, un cadro, un relevo, unha máquina… 

O bo da arte é compartila, sería xenial que compartiramos co resto de compañeiras e compañeiros o resultado da nosa vea artística.

Faremos O NOSO MUSEO VIRTUAL ata poderíamos facer co tempo unha exposición titulada “A arte nos tempos do confinamento” con todas as obras realizadas. Para iso:


1. Veremos algunha idea se queremos en…











2. Elixiremos o material de refugallo que imos usar.

3. Elaboramos a obra.

4. Mandaremos  unha foto da obra e autoría co título da nosa creación artística  ao correo-e pequesvila@gmail.com


Prazo de entrega ata o martes 12 de maio.

Deixemos voar a nosa imaxinación!!!
Animádevos a participar!!!


venres, 1 de maio de 2020

Solucións RETOS MATEMÁTICOS segunda quincena de abril

Hoxe comeza un novo mes e, tal como anunciamos, preme para ver as solucións dos retos matemáticos propostos para a segunda quincena de abril. Noraboa a todas e todos os participantes. A próxima semana teremos máis...