luns, 11 de maio de 2020

XXVIII CERTAME POÉTICO


Achégase o día das Letras Galegas. Este ano homenaxéase a Ricardo Carballo Calero. Todos os anos dende hai xa 28 anos, celebramos o noso tradicional  Certame de poesía.  

Este ano terá que ser algo diferente debido á crise COVID-19, pero non queremos renunciar ao noso XXVIII Certame... que tal se tentamos  que non desapareza axudando todas e todos?. A idea é elaborar na casa, en galego, un poema orixinal curtiño (un pareado para o alumnado de infantil e unha estrofa de 4 versos o alumnado de primaria), escribilo de maneira moi lexible e ilustralo, recolleremos todo nun folio en horizontal

Compartiremos para elaborar o noso LIBRO VIRTUAL DE POESÍAS


1. Elaboramos o “poema” orixinal (pareado ou pequena estrofa) en lingua galega.

2. Escribimos nun folio colocado en horizontal.

3. Ilustramos cun debuxo.

4. Remitimos a nosa creación co nome colocado na parte inferior dereita  ao correo do noso blog pequesvila@gmail.com




Prazo entrega da poesía 22 de maio

Quincena das LETRAS GALEGAS 2020

As actividades preséntase nun calendario semanal. A proposta é ir facendo as tarefas que corresponden cada día.


Material imprimible

Temos de prazo para entregar as tarefas ata o venres 22
Aconsellamos seguir o calendario e ir mandando as respostas por correo-e, hai tarefas de todas as materias. Se poden facer nunha libreta ou papel e temos tamén a opción imprimible.

PROPOSTAS semana 11 ao 15 de maio

1. Temos as montaxes coas historias do ratiño de Gianni Rodari.


2. Os retos matemáticos con  entrega ata o día 15 de maio. Colgaremos as solucións o día 17 de maio.
Retos primeira quincena de maio
Plantilla para anotar solucións


3. ACTIVIDADE INTEGRADA con DIÑEIRO (euros, céntimos) e DÍA DE EUROPA. Trátase dunha actividade quincenal con varias propostas. 
Prazo entrega tarefa con euros ata o martes 12 de maio.
Prazo entrega tarefa Día de Europa ata o luns 18 de maio.

4. PROPOSTA ARTÍSTICA DE CENTRO  que recollemos ata o martes 12 de maio para elaborar montaxe grupal.


5. ACTIVIDADES LETRAS GALEGAS. Este ano a celebración das Letras Galegas rinde homenaxe a figura de 
Ramón Carballo Calero. As actividades preséntase nun calendario semanal. Tamén presentamos o XXVIII CERTAME DE POESÍA.  Temos prazo ata o venres 22 de maio.


6. Podedes acceder directamente aos blogs de Música, EF  e Inglés na esquina esquerda do blog con propostas novas, tamén está  o enlace coa proposta de Relixión Católica.

Correos para comunicarse coas profes especialistas:
Correo-e de EF: monicaobelleiro@gmail.com
Correo-e de Música: musicavilaverde@gmail.com
Correo-e de Inglés: vilaverdeenglish@gmail.com
Correo.e de Relixión: Relivilaverde@gmail.com 

venres, 8 de maio de 2020

Proposta quincenal: 9 de MAIO - DÍA DE EUROPA

SEGUNDA  PARTE:
O día 9 de maio celebramos O DÍA DE EUROPA para conmemorar o comezo da Unión Europea (UE).
Propoñemos unhas actividades para coñecer un chisquiño máis sobre esta data e sobre Europa. 
Que é a Unión Europea

https://europa.eu/learning-corner/the-eu-whats-it-all-about_es

Textos e tarefas a traballar:
.-Bandeira.
.-Explicación da data
.-Membros
As tarefas poden imprimirse ou verse en pantalla e contestalas nunha folla ou libreta. Unha vez feitas envíaranse ao noso correo ata o luns 18.

Presentamos unha serie de actividades e xogos online para divertirnos e aprender máis sobre a Unión Europea:
- ¡Vamos a explorar Europa! para xogar individualmente ou en familia. 
Puzle sobre a UE con dous niveis de dificultade.
- Comecocos de papel para imprimir con datos de interese da UE.
- Puzle membros da UE

Tamén podemos ler curiosidades no seguinte ATLAS DE EUROPA.

A profe Lola propón que escoitedes o seguinte video co HIMNO EUROPEO:
Averiguade cal é o seu orixe e autoría. Mandádelle a resposta ao correo musicavilaverde@gmail.com

A profe Mónica propón uns xogos europeos no blog de EF, animádevos con algún e mandádelle algunha imaxe ou video ao correo mónicaobelleiro@gmail.com
 

MUSEO VIRTUAL de 3º

Chegan ao noso correo-e as primeiras obras artísticas da proposta de centro que remitimos o luns día 4 de maio.
Son "artistadas"feitas con material de refugallo, con elas estamos creando un MUSEO VIRTUAL de 3º
Con todas as obras faremos montaxe final. ANIMÁDEVOS!!! Tedes ata o 12 de maio.
Visitamos algunhas das obras "expostas" nas nosas SALAS:

martes, 5 de maio de 2020

Videos DESDE MI VENTANA

Xa podemos compartir os videos da actividade colectiva DESDE MI VENTANA.


CLICA PARA VER O VIDEO 3ºA
CLICA PARA VER O VIDEO 3ºB

Esta tarefa propúxose, hai xa quince días,  cando non se podía saír nin un chisquiño ás rúas. Esas ventás era a nosa comunicación co exterior...
Agora comezamos a saír con precaucións e a gozar de pequenos momentos...
Esta vez, empregamos como banda sonora unha canción moi escoitada en tempos de confinamento VOLVEREMOS A BRINDAR de Lucía Gil. É un guiño a nosa profe de prácticas Andrea que traballara con nós unha canción desta artista.

Clicando no seguinte enlace: letra da canción, aparece o texto da canción. Buscade un antónimo para as dez palabras que aparecen suliñadas.


Agradecemos ás familias a colaboración prestada nesta actividade. Esperamos que vos guste.


MÁIS FORZAS e ÁNIMOS!!!

Videos LIBROS FAVORITOS

Xa temos os videos da actividade LIBROS FAVORITOS, fixemos unha montaxe cos libros favoritos de cada clase:
CLICA PARA VER O VIDEO 3ºA
 CLICA PARA VER O VIDEO 3ºB
CLICA PARA VER O VIDEO 3ºB

Esta vez, a banda sonora é unha canción de Paco Nogueiras titulada "Nun libro". É unha canción para animarnos a seguir lendo...

"Nun libro hai un mundo para abrir e cando queiras pechar"

Agradecer a vosa participación. Bo traballo!!! 👏👏👏
Esperamos que vos guste.