luns, 8 de xuño de 2020

8 DE XUÑO - DÍA MUNDIAL DOS OCÉANOS

Hoxe 8 de xuño é a data escollida pola ONU para sensibilizarnos sobre a importancia dos oceános na nosa vida e no noso planeta.
No blog de mascotilandia hai días que temos unha entrada con interesantes enlaces  relacionados con esta celebración.

1.- Comezamos cunha curtametraxe -LEMON- para concienzar sobre o mal uso dos plásticos na natureza.
Fai un debuxo sobre o video nun folio horizontal e rotula cunha frase ou lema que resuma a reflexión final. 

2.- Traballamos coa canción Peixiños do mar de Magín Blanco. Ademais de cantala, podemos aprender vocabulario de peixes e outras especies mariñas...e repasar o abecedario.Ficha con vocabulario para ordenar
 
3.- Actividades online Un mar limpo.

PREPARANDO ACTIVIDADES FINAIS

Nas seguintes actividades precisamos da colaboración de todas as familias e de todas e todos vós:


1.- BALANCE DE CURSO
 

Para montar esta actividade tedes que enviar unha foto vosa reciente e dous pequenos textos manuscritos coa mellor caligrafía posible 😃. Preme para ver a plantilla.





2.- DESPEDIDA 
Enviaredes un pequeno video, máximo un minuto, no que vos despediredes, mandaredes saúdos e formularedes algún que outro desexo para o curso 2020/2021.

Prazo de entrega o mércores 17 de xuño

PROPOSTAS semana 8 ao 12 de xuño


1. Temos novos retos matemáticos con  entrega ata o día 12 de xuño. Colgaremos as solucións o día 14 de xuño.
Retos primeira quincena de xuño
Plantilla para anotar solucións

  2. Recollemos tarefas das ABELLAS (1) e ABELLAS (2) da quincena anterior ata o día 10 de xuño.

3. Actividades sobre MEDIO AMBIENTE e o DÍA DOS OCÉANOS. Prazo de entrega ata o día 16 de xuño.

4. PREPARANDO ACTIVIDADES FINAIS. Trátase de dúas propostas para realizar montaxes grupais. Prazo de entrega ata o mércores 17 de xuño.

5.  Entregar actividades pendentes.

6.  Visitar as entradas con videos e montaxes das nosas actividades.

CAMIÑANDO CARA AO FIN DE CURSO CON ÁNIMO E ILUSIÓN...😉😀

domingo, 7 de xuño de 2020

Solucións LABIRINTOS MATEMÁTICOS

Despois do repaso proposto coas táboas de multiplicar, completamos durante a semana uns labirintos dos que hoxe aportamos as solucións. Ademais temos un pequeno xogo interactivo con trece preguntas...ANIMÁDEVOS A PARTICIPAR 😉

xoves, 4 de xuño de 2020

5 DE XUÑO - DÍA MUNDIAL DO MEDIO AMBIENTE

O 5 de xuño é o día elexido pola ONU  como DÍA MUNDIAL DO MEDIO AMBIENTE para recordar a necesidade do coidado do noso medio. Un día non é suficiente, pero está nas nosas mans "ir xuntando días" para facer un mundo mellor e con futuro.

Comezamos con tres videos:
Os tres curtos permítennos reflexionar  sobre a importancia da reciclaxe e a necesidade da nosa intervención para que a situación mellore. 
Escolle un dos tres videos para completar unha ficha que recolla título, debuxo e breve explicación do argumento en lingua galega. Tamén podes usar unha folla ou libreta.

Coidemos o noso planeta. Vocabulario e sopa de letras.

Regra das tres erres. Ficha con exemplos e identificación de colectores. No exercicio 2, onde di "arrastra" podes unir cunha liña cada obxecto co seu colector, rodear cada obxecto coa cor do colector que lle corresponde ou escribir o nome do obxecto no cadrado de cada colector.
-------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------
Xogos interactivos de educación ambiental 

A profe Lola para tomar conciencia de como deberíamos tratar ao mundo para un próspero futuro, propón a canción "Dónde jugarán los niños" do grupo Maná.

A tarefa de EF relaciona medio ambiente e a reciclaxe.
Correo-e de EF: monicaobelleiro@gmail.com

Neste enlace temos a proposta de medio ambiente da teacher Mª Jesús.
Correo-e de Inglés: vilaverdeenglish@gmail.com

A tarefa proposta de Relixión da profe Isa tamén está relacionada co medio ambiente.
Correo-e de Relixión: Relivilaverde@gmail.com


LEMBRADE ENVÍAR AS ACTIVIDADES DE TODAS AS ÁREAS  a medida que ides rematando aos correos-e anteriores.
Temos de prazo ata o martes 16


luns, 1 de xuño de 2020

Proposta quincenal: ABELLAS e o MEDIO AMBIENTE (2ª parte)

A semana pasada comezamos traballando o tema das abellas:
. Videos divulgativos: Coñece as abellas, segredo da polización, danza com modo de comunicación das abellas (área musical) ou respiración das abellas (EF)
. Esquema resumo.
. Las abejas y las matemáticas.
. Tosco e as abellas.

Durante esta semana relacionaremos a estes insectos coa celebración do día 5 de xuño: DÍA MUNDIAL DO MEDIO AMBIENTE.
Comezamos cos seguintes videos:

Despois de ver os videos anteriores e coa información traballada ata agora, escribe un texto en lingua galega explicando que pasaría se desaparecerán as abellas. Plantilla para escribilo, tamén podes usar a libreta.

Comprensión lectora con interesante información sobre as abellas para contestar en lingua castelá.


Esta semana repasamos as táboas de multiplicar resolvendo uns labirintos. Colgaremos as solucións o día 7 de xuño.

A tarefa de EF ten que ver co medio ambiente e a reciclaxe.
Correo-e de EF: monicaobelleiro@gmail.com

Neste enlace temos a proposta semanal da teacher Mª Jesús sobre BEES 2. 
Correo-e de Inglés: vilaverdeenglish@gmail.com


A tarefa proposta de Relixión pola profe Isa completa a nosa información sobre as abellas.
Correo-e de Relixión: Relivilaverde@gmail.com


LEMBRADE ENVÍAR AS ACTIVIDADES DE TODAS AS ÁREAS  QUE IDES FACENDO

A partir do xoves 4, colgaremos máis información para traballar o MEDIO AMBIENTE...estade pendentes. 

PROPOSTAS semana do 1 ao 5 de xuño



1. Temos novos retos matemáticos con  entrega ata o día 12 de xuño. Colgaremos as solucións o día 14 de xuño.
Retos primeira quincena de xuño
Plantilla para anotar solucións

  2.  ACTIVIDADE INTEGRADA sobre AS ABELLAS e o MEDIO AMBIENTE.

Trátase dunha actividade quincenal con varias propostas de todas as áreas:
Semana 25-29 de maio: PRIMERA PARTE
Semana 1-5 de xuño: SEGUNDA PARTE

O profesorado especialista conta coa vosa participación. Podedes acceder directamente aos blogs de Música, EF  e Inglés na esquina esquerda do blog con propostas novas, tamén está  o enlace coa nova proposta de Relixión Católica.
Correos para comunicarse coas profes especialistas:
Correo-e de EF: monicaobelleiro@gmail.com
Correo-e de Música: musicavilaverde@gmail.com
Correo-e de Inglés: vilaverdeenglish@gmail.com
Correo.e de Relixión: Relivilaverde@gmail.com

3. ACTIVIDADE SEMANA ARTÍSTICA, proposta con entrada propia con prazo ata o venres 5 de xuño.

4. LABERINTOS COAS TÁBOAS