xoves, 21 de maio de 2020

HISTORIAS CO RATIÑO DE GIANNI RODARI

Homenaxe a Giovanni "Gianni" Rodari (1929-1980), escritor italiano, pedagogo e xornalista italiano especializado en obradoiros sobre  comedia infantil e xuvenil. Como pedagogo realizou un importante labor na renovación educativa. Este ano celebrarase o centenario do seu nacemento o 23 de outubro.

Unha das súas obras máis coñecidas é  "Contos ao teléfono". Unha das historias é precisamento a do ratiño.

Así remataba a verdadeira historia escrita por Rodari:
Podemos lela aquí, aquí ou mesmo escoitala a continuación:
E aquí podedes disfrutar cos finais propostos polo alumnado de 3º:

VIDEO CONTOS DO RATIÑO 3ºA
CONTOS DO RATIÑO DE 3ºB
VIDEO CONTOS DO RATIÑO 3ºB


mércores, 20 de maio de 2020

PARA XENTE CURIOSA

Esta en marcha unha nova proposta para a próxima semana...pero hai xente curiosa, moi curiosa que xa pregunta pola temática.

Xogamos as adiviñas
Dúas pistas:
. Hoxe é o seu DÍA MUNDIAL.😉
. Unha foto vosa de hai algúns anos:
Esperamos "zumbando" as vosas respostas na zona de comentarios ou no faladoiro. Ánimo!!!

luns, 18 de maio de 2020

AS NOSAS POESÍAS

Está en marcha o XXVIII CERTAME DE POESÍA do noso cole. Este ano será moi, moi especial porque será un certame desde as nosas casas. Imos subindo as poesías que van chegando...temos de prazo ata o venres 22
Esperamos con moita ilusión todas as vosas creacións.😀
Lembrade que o papel estará en posición horizontal, esmerádevos na presentación e na caligrafía. Acompañaredes o poema cun debuxo e poñeredes o voso nome e apelidos abaixo na esquina dereita.

CARTA DE AGRADECEMENTO

Imagen del personal sanitario del Hospital 12 de Octubre, aplaudiendo, a las ocho de la tarde. EFE

Estimadas familias:
Durante todo este tempo de confinamento, decatámonos da importancia duns traballos que tiñamos esquecidos, que estaban ao noso carón mais non nos fixabamos no imprescindibles que son en situacións como as que estamos a vivir. As nenas e os nenos deben coñecer isto. Reflexionar sobre que pasaría se non existisen médicas e médicos, policías, enfermeiras e enfermeiros, limpadoras e limpadores, servizo de limpeza do concello, gardas civís, traballadoras e traballadores en tendas de alimentación, transportistas, persoal de ambulancias, agricultoras e agricultores, gandeiras e gandeiros,... Algunhas nenas e algúns nenos do noso centro teñen familiares neses colectivos e poden comentar en primeira persoa as súas percepcións.
Propoñemos que escriban unha carta, manuscrita en lingua galega, a un deses colectivos agradecendo o seu traballo, amosando a súa admiración pola súa dedicación e/ou indicando o importante que consideran o seu traballo, tamén pode ser unha carta para contar a súa experiencia como familiar dalgunha das persoas que non puideron confinarse ao pertencer á franxa de traballos imprescindibles. Compartiremos no blog e faremos chegar as cartas virtualmente aos colectivos que temos ao noso redor.
1. Escribimos en folio unha carta con letra lexible.
2. Remitimos a nosa escrita ao correo do noso blog: pequesvila@gmail.com

Apertas

PROPOSTAS semana 18 ao 22 de maio

1. Novos retos matemáticos con  entrega ata o día 29 de maio. Colgaremos as solucións o día 31 de maio.
Retos segunda quincena de maio
Plantilla para anotar solucións


2. ACTIVIDADE DÍA DE EUROPA. Trátase dunha actividade quincenal con varias propostas. Prazo entrega tarefa Día de Europa ata o luns 18 de maio.

3. ACTIVIDADES LETRAS GALEGAS. Este ano a celebración das Letras Galegas rinde homenaxe a figura de Ramón Carballo Calero. As actividades preséntase nun calendario semanal. Tamén presentamos o XXVIII CERTAME DE POESÍA.  Temos prazo ata o venres 22 de maio

4. ACTIVIDADE CARTA DE AGRADECEMENTO. Esta actividade é unha proposta de centro que anunciamos en tokapp e ampliamos nunha entrada do blog. Prazo de entrega ata o luns 25 de maio.

5. RECOMPILACIÓN FOTOGRÁFICA sobre algún lugar de Galicia que teñan visitado ou que desexen visitar. As fotografías virán acompañadas dunha pequena descrición da paisaxe ou dun pequeno pé de foto. Prazo de entrega martes 26 de maio.

6. Despois da actividade DESDE MI VENTANA hai xa un mes...Propoñemos unha pequena redacción manuscrita dunhas oito/dez liñas en lingua castelá co papel vertical, coidando letra e presentación.
 

Título: PRIMERAS SALIDAS
O día 26 de abril comezaron os pequenos paseos, xogos e  deporte no exterior con precaucións...Nós comentámelo no blog e recordamos as instrucións para poder saír.

Vivímolo como unha experiencia moi desexada e iso queremos recoller por escrito, con debuxos e imaxes. Como foron esas primeiras saídas? Que fixéchedes? Como vos sentíchedes? Que había diferente das saídas e paseos anteriores.

Mandarase por correo-e:
-Unha foto da vosa redacción.

-Unha foto co voso debuxo da saída.
-Algunha foto vosa na saída.
Será un bo complemento da actividade DESDE MI VENTANA e faremos unha montaxe a compartir entre todas e todos nós.
Prazo de entrega ata o mércores 27 de maio.



7. Podedes acceder directamente aos blogs de Música, EF  e Inglés na esquina esquerda do blog con propostas novas, tamén está  o enlace coa nova proposta de Relixión Católica.

Correos para comunicarse coas profes especialistas:
Correo-e de EF: monicaobelleiro@gmail.com
Correo-e de Música: musicavilaverde@gmail.com
Correo-e de Inglés: vilaverdeenglish@gmail.com
Correo.e de Relixión: Relivilaverde@gmail.com

domingo, 17 de maio de 2020

Solucións RETOS MATEMÁTICOS primeira quincena de maio

Tal como anunciamos, hoxe 17 de maio, preme para ver as solucións dos retos matemáticos propostos para a primeira quincena de maio. Noraboa a todas e todos os participantes. Comparade o voso traballo coas solucións. Non quededes con dúbidas. A próxima semana teremos máis...

venres, 15 de maio de 2020

DÍA INTERNACIONAL DAS FAMILIAS

Hoxe 15 de maio celebramos o Día Internacional das Familias! Co gallo desta conmemoración queremos compartir con vós estes recursos e felicitarvos, de todo corazón, polo ben que estades traballando, coas vosas fillas e cos vosos fillos, ao longo desta situación tan difícil que nos tocou vivir a todas e todos. 
Parabéns familias de 3º!