venres, 16 de novembro de 2018

EMPREGAMOS AS CENTENAS

Calculamos de maneira cooperativa e manipulativa. Xa sabemos empregar as centenas!!!!



NA BIBLIOTECA DE LAMPI

Visitamos a biblioteca para familiarizarnos cos libros, espertar a paixón pola lectura e tamén como fonte de aprendizaxe. Aprendemos moitíiiiiiiisimo!




TRABALLAMOS COAS EMOCIÓNS

Aprendemos a traballar coas emocións e a representar o rostro de maneira proporcionada. Son uns e unhas artistas!





NO `PROXECTO TRABALLAMOS COAS BACTERIAS

Os nenos e as nenas quixeron indagar sobre que ocorre cando non nos lavamos as mans.
Estos son os resultados.




PREPARAMOS O MAGOSTO

Cada grupo preparou o seu cartel para anunciar o magosto. Para facelos empregamos as cores cálidas.
Quedaron moi fermosos!






sábado, 20 de outubro de 2018

CO OUTONO CHEGOU ANTÍO

Antío está xa no cole.
É outono e el sabe que o Magosto vén de contado. É tan larpeiro! Gústanlle moito as castañas.
Escribiunos pedindo receitas de castañas, imos escribirllas para que durante o inverno poida gozar do seu ingrediente favorito.

Antío tamén quere que deseñemos carteis. Xa veredes que preciosidades elaboramos!

martes, 16 de outubro de 2018

SEGUIMOS CO PROXECTO: EXPERIMENTAMOS CON FUNGOS.

Dentro do noso proxecto "As setas e os cogomelos", fixemos unha experiencia científica observando como se comportan os fermentos e fomos ao laboratorio a indagar sobre as diferentes partes das setas e dos cogomelos.
Recoñecedes entre as fotos as hifas e as esporas?