ESTE É O BLOG DO ALUMNADO DE 6º. NEL IRÉMOSVOS CONTANDO AS COUSAS QUE VAN PASANDO NAS AULAS E POÑEREMOS ALGUNHA FOTO. AGARDAMOS QUE VOS GUSTE.
luns, 21 de outubro de 2019
MAPAMUNDI: CONTINENTES E OCÉANOS
Traballamos co globo terráqueo e co planisferio ou mapamundi. Aprendemos os nomes dos continentes e os oceános.
O rap dos continentes axudounos, de maneira divertida, a saber os nomes dos continentes.
luns, 14 de outubro de 2019
MEDIDA DO TEMPO - RELOXO
![]() |
| Video explicativo do reloxo analóxico e dixital. Horas e minutos. |
Como medir o tempo?
Como ler o reloxo?
Que diferenza hai entre un reloxo analóxico e un reloxo dixital?
Recordamos o que sabemos.
Practicamos na clase a ler e marcar horas. Usamos diferentes cores para as agullas das horas e dos minutos.
Falamos do significado AM e PM.
Tamén practicamos cos xogos situados na marxe esquerda da pantalla.
xoves, 10 de outubro de 2019
REPRESENTACIÓN DA TERRA
Levamos xa días a voltas coas representacións ...
Falamos do globos terráqueos, planisferio, mapamundi, mapas, planos,
Ecuador, polos, hemisferios, cartografía, relevo, escalas, lendas,
símbolos, coordenadas, atlas...
Distinguimos e manexamos diferentes mapas físicos, mapas políticos e
mapas temáticos (de comunicacións, metereolóxicos, demográficos...)
Os seguintes videos resumen algunhas das informacións traballadas en aula:
martes, 8 de outubro de 2019
CONCERTO DE SUSA HERRERA
O alumnado de
primaria tivo a oportunidade de asistir ao concerto de SUSA HERRERA con cancións do último disco da triloxía de Cabárceno: "Rugidos y
Canciones". Participamos con entusiasmo e pasámolo xenial como podemos ver, a continuación, nas fotos e o pequeno video de Camello Bactriano:
Máis videos no blog de 2º de EP
martes, 1 de outubro de 2019
PRIMEIRO PROXECTO DE CIENCIAS
Todos os informativos destes días comezan con algunha noticia relacionada co CAMBIO CLIMÁTICO.
Ademais están de actualidade situacións metereolóxicas extraordinarias e de dramáticas consecuencias no noso país.
Hai movilizacións "globais"demandando á atención das autoridades e dos gobernos para que tomen medidas e poder evitar perigos que nos afectaran nun futuro inmediato.
Comentamos os videos. Temos recortes con noticias e comezamos a recoller informacións. O proxecto do CAMBIO CLIMÁTICO xa esta en marcha e comeza a chuvia de ideas:
-Cambio, transformación
-Clima, tempo, furacáns, terremotos, tormentas, tsunamis
-Terra, capas, atmosfera, aire, ozono
-Polos, deserto, Antártida, mareas
-Seres vivos, extinción, adaptación
-Contaminación
-Quentamento
------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------
Todo esto sucede no noso planeta e precisamos, en primeiro lugar, coñecer os diferentes modos de representar a Terra para localizar os lugares nos que acotence o que imos lendo e investigando.
Eses fenómenos metereolóxicos dos que escoitamos falar ocorren na atmosfera, que tamén deberemos investigar.
Todos os seres vivos vense afectados por estes cambios. Animais? Plantas? Precisamos ampliar información...
luns, 2 de setembro de 2019
ESTAMOS EN 3º!
COMEZAMOS EN 3º.
AS NOSAS CLASES VAN ESTAR XA NO SEGUNDO ANDAR DO COLEXIO.
AGARDAMOS CON IMPACIENCIA TODAS AS NOVIDADES.
AS NOSAS CLASES VAN ESTAR XA NO SEGUNDO ANDAR DO COLEXIO.
AGARDAMOS CON IMPACIENCIA TODAS AS NOVIDADES.
martes, 25 de xuño de 2019
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)






































