martes, 26 de novembro de 2019

FUNCIÓNS VITAIS

A quén afectan os cambios dos que estamos a falar desde que comezou o noso proxecto?
A resposta foi unánime:  OS SERES VIVOS
Iniciamos un novo percorrido:
SERES VIVOS. Recollemos ideas previas. Recabamos información. Visionamos o curto de Camaleón. Organizamos a información en esquemas, definimos, clasificamos, buscamos exemplos...


25 de NOVEMBRO - CONTRA O MALTRATO DE XÉNERO

 
EN  NEGRO  CONTRA  AS  VIOLENCIAS
Hoxe o cole está cheo de carteis que reivindican espazos sen violencia.
Na clase comentamos o significado desta campaña. Limos a carta que chegou do Galo Vilaverdiño para facer notar a loita contra o maltrato de xénero.
Queremos que esté presente todos os días, pero durante esta semana traballámolo de maneira especial.
Visualizamos a nosa repulsa levando unhas pegatinas reivindicativas.
Loitando na mesma dirección, no mesmo sentido, tamén podemos axudar.

No corredor das aulas de 1º e 2º admiramos o mural que fixo a titoría de 2ºB sobre a obra modernista de Gustav Klimt "O bico / El beso" e limos a cartelería que o acompaña. Aproveitamos para facer posados por equipos:
 APERTAS CONTRA A VIOLENCIA


venres, 22 de novembro de 2019

DÍA DA PALABRA

Venres, 22 de novembro
O 23 de novembro, conmemórase o DÍA INTERNACIONAL DA PALABRA. Visonamos un PPT sobre os moitísimos tipos de palabras que temos nos nosos idiomas. Comentamos a necesidade de falar, de entenderse, de consensuar, de dialogar, de empregar a palabra como ferramenta para eliminar toda violencia.
Esta celebración queda en medio de outras dúas datas importantes: 20 de novembro -DÍA INTENACIONAL DOS DEREITOS DA INFANCIA- e 25 de novembro -DÍA CONTRA O MALTRATO DE XÉNERO-. Asi que seguimos insistindo na necesidade de RESPECTO, de DEREITOS e de DEBERES.

E a proposta de Lampi, que nos remitiu unha carta nun simpático sobre, traballamos en equipo a busca dunha palabra graciosa, simpática, con humor que se empregará para facer un mural conxunto no cole.

O luns seguiremos coa actividade...

Luns, 25 de novembro
Hoxe, tal como adiantamos o venres, comentamos e propuxemos diferentes palabras que nos soan especialmente graciosas, humorísticas ou que nos fan sorrir.
A actividade fíxonos reflexionar sobre o uso de palabras malsoantes ou groseiras e  palabras  irrespectuosas. Desta maneira, escolmamos as palabras finalistas que votamos entre toda a clase.
No grupo de 3º A, esta foi a palabra finalista:
Martes, 26 de novembro
No grupo de 3º B, esta foi a palabra finalista:
A votación requería unha maioría...eso levounos a votar máis dunha vez. Reflexionamos tamén que non sempre se gaña, pero acatamos a decisión do grupo con deportividade 😉
A tarefa dou moito xogo. Houbo busca na RAG dos termos descoñecidos e organizamos alfabeticamente as vinte palabras que consensuamos como finalistas.

mércores, 20 de novembro de 2019

20 N - DEREITOS DA INFANCIA

Hoxe 20 de NOVEMBRO celébrase o DÍA INTERNACIONAL DOS DEREITOS DA INFANCIA.
Nas nosas clases traballamos arredor desta celebración.
Limos e comentamos os dereitos e os deberes e asociamos fotos e imaxes con textos.
Traballamos a preciosa historia "EL ECO DE MI NOMBRE" de Elena Presas sobre o dereito a ter un nome, unha identidade.
Tamén presentamos o libro "YO SERÉ TRES MIL MILLONES DE NIÑOS" de Alain Serres que nos sensibilizou sobre a infancia menos afortunada.

https://photos.app.goo.gl/pRPN4ekTFLMr3TS17https://photos.app.goo.gl/pRPN4ekTFLMr3TS17
Traballamos a letra da canción adicada aos dereitos das nenas e dos nenos no mundo cos personaxes de Luna Lunera:
Enlace ao curto: ¿Dónde están mis derechos humanos?

PUNTOS CARDINAIS. O COMPÁS

Falamos dos puntos cardinais como as catro direccións derivadas do movemento de rotación terrestre que permiten a orientación nun mapa ou na propia superficie terrestre.
Comentamos en que consiste o compás, agulla de marear ou "búsula" (en castelán brújula).
Fixemos prácticas do seu uso por equipos:
Realizamos actividades para facer percorridos seguindo instrucións cos puntos cardinais

xoves, 14 de novembro de 2019

MÁIS DO CICLO DA AUGA

EVAPORACIÓN - CONDENSACIÓN - PRECIPITACIÓN - RECOLLIDA
Un novo video que repasa o que estudiamos sobre o ciclo da auga e que atopamos na páxina da AXENCIA ESPACIAL EUROPEA (ESA - Space por Kids)

martes, 12 de novembro de 2019

DIXESTIÓN DA CASTAÑA

Hoxe limos un texto sobre o percorrido que faría unha castaña polo noso aparato dixestivo. Despois esquematizamos o contido en 4 pasos.
Na clase vimos e comentamos o seguinte curto:

Sorprendeunos moito o longo que é o intestino delgado...ata empregamos o metro e comprobamos canto mediría "estirado".😲
E rematamos con ritmo o percorrido polo aparato dixestivo. Houbo máis dun sorriso.😀

Agora queremos saber máis do funcionamento do noso corpo. 😊