ESTE É O BLOG DO ALUMNADO DE 6º. NEL IRÉMOSVOS CONTANDO AS COUSAS QUE VAN PASANDO NAS AULAS E POÑEREMOS ALGUNHA FOTO. AGARDAMOS QUE VOS GUSTE.
luns, 9 de decembro de 2019
AS NOSAS FUNCIÓNS VITAIS
xoves, 5 de decembro de 2019
ANIMAMOS A LER
Esta historia cautivounos desde o principio. Fomos lendo cada capítulo durante dez xornadas como un "descanso" no traballo...
O libro trata das aventuras de dez calcetíns e calcetinas, catro dereitos e seis esquerdos que decidiron fugarse da lavadora e percorrer mundo.
Tamén aproveitamos as historias para traballar expresión oral, vocabulario e recollimos o resumo nunha táboa.
E moitas e moitos de nós mercamos os libros para seguir as súas aventuras.
A historia de bruxa regañadentes, que recordamos doutros anos, tamén trouxo "medo" ao tempo de Samaín. seguimos a historia con interese e traballamos o resumo.
25 N - HISTORIAS QUE NOS FAN PENSAR...
Hoxe a profe Andrea contounos dúas historias
fantásticas que nos fixeron reflexionar e
relacionar contra o maltrato de xénero e o dereito a igualdade.
O conto de "OVIÑA EN OVILANDIA" -Ovilandia, país en igualdade, cambia cando é invadida por uns estraños seres de Patriarc...- e a divertida historia de "LAS PRINCESAS LLEVAN PANTALONES" -princesa do século XXI que, ademáis
de coroas e vestidos rosas, tamén leva pantalóns...-
Gustáronnos moito as historias. Grazas profe 😉
![]() |
| Preme para ver máis imaxes |
PREPARAMOS AS TARXETAS DE NADAL
Semana do 2 ao 5 de decembro:
Comezamos revisando o que aprendimos o venres sobre Miró e vimos en pantalla unhas animacións con elementos "mironianos":
Vimos tamén algunhas ilustracións en libros de arte e na rede. Empregamos diferentes técnicas: collage, incorporar elementos típicos dos cadros de Miró referidos a corpo-cabeza-ollos-nariz-engadidos varios seguindo "a sorte" cun dado, fondos en acuarela, rotuladores, ceras...
Os resultados sorprendentes e vistosos poderemos compartilos nuns días.
Traballamos moito coa nosa IMAXINACIÓN.
Comezamos revisando o que aprendimos o venres sobre Miró e vimos en pantalla unhas animacións con elementos "mironianos":
Os resultados sorprendentes e vistosos poderemos compartilos nuns días.
Traballamos moito coa nosa IMAXINACIÓN.
A NOSA CONSTITUCIÓN
Seguimos con dereitos e deberes...e chegamos a unha NORMA para todas e todos como é a CONSTITUCIÓN ESPAÑOLA. Mañá, 6 de decembro, será o seu 41 aniversario e nas nosas clases traballamos sobre ela.
Recordamos o que aprendimos sobre España e as súas Comunidades Autónomas. Falamas de símbolos, idiomas...e novamente de dereitos e deberes.


PRESENTACIÓN SOBRE OS SERES VIVOS
Hoxe na clase de 3º B, unha vez clasificados os seres vivos en cinco tipos ou reinos, nos agardaba unha sorpresa organizada por dúas compañeiras...
Cristina e Inés prepararon unha presentación sobre os seres vivos e foron comentando variadas informacións que nos causaron moito interese.
Estivemos atentas e atentos a todas as explicacións, ata vimos algún video e ao final fixemos preguntas. Houbo aplausos e felicitacións. Noraboa!!!
Foi un traballo estupendo.
Estamos ilusionadas e ilusionados porque no próximo trimestre haberá un montón de presentacións...
luns, 2 de decembro de 2019
COMEZAMOS A DIVIDIR
Agora que temos ben repasadas as táboas de multiplicar comezamos a traballar unha nova operación: A DIVISIÓN.
Practicamos na clase, repartimos obxectos, inventamos problemas...
Falamos dos seus elementos:
Montamos pequenas divisións e comezamos a resolver...Nós practicando e practicando resolvemos a resta mentalmente antes de escribir o resto.
Practicamos na clase, repartimos obxectos, inventamos problemas...
Falamos dos seus elementos:
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)









