mércores, 18 de novembro de 2020

ARTE EN OUTONO

Esta semana no cole estamos investigamos arredor dos BODEGÓNS, tamén coñecidos como NATUREZA MORTA. 

Comentamos exemplos do máis variado e de  artistas galegas e galegos.

Agora compartimos a información coas familias e propoñemos unha actividade de colaboración familiar: realizar unha composición de "natureza morta" ou bodegón outonal que será fotografado e remitido ao noso correo-e pequesvila@gmail.com  para montar unha exposición virtual do cole.

Trucos para realizar un bodegón fotografado. 

Prazo de entrega: ata o mércores 25.

venres, 13 de novembro de 2020

E rematamos a semana tratando de averiguar un CÓDIGO SECRETO. Dádelle algunha voltiña e o luns comentamos. 😀😉

xoves, 12 de novembro de 2020

 
E hoxe o reto foi un xogo matemático...pensa, pensa...que valor pode ter un ourizo, unha castaña e unha folla para que os resultados das operacións coincidan. Ademais hai que averiguar o último resultado. ÁNIMO!!!

mércores, 11 de novembro de 2020

RECEITAS CON CASTAÑAS


Tempo de magosto, tempo de castañas...o venres será un MAGOSTO diferente. 

As merendas propostas para o venres consistirán en froita desta época, doces elaborados con produtos desta tempada ( castañas asadas, castañas cocidas, biscoito de noz, biscoito de mazá ou de cabaza...)

-----------------------------------------------------------------------------------

Nas clases traballaremos dous textos de receitas con castañas, unha en galego e outra en castelán. Esperamos que algunha familia, ademais de lelas, tamén se anime a cociñar.😋😋😋

Receita LG de BISCOITO DE CASTAÑAS

Receita LC de MAGDALENAS DE CASTAÑAS. (O MOUSSE DE CASTAÑAS?)

-----------------------------------------------------------------------------------

Chegan imaxes da elaboración dalgunhas das merendas do noso magosto. Preme no enlace do noso escaparate creativo:

AS NOSAS MERENDAS ESPECIAIS 

Hai  nova entrada no blog ENGLISH 4 5 6 de data Wednesday, 11 November 2020 con vocabulario, actividades, videos e tarefas online sobre "DESCRIBING PEOPLE".

Compartimos o reto que chegou hoxe as nosas clases. Encántanos os sudokus, temos unha entrada a esquerda do blog e practicamos con diferentes niveis de dificultade.

Outra proposta de SUDOKUS ONLINE

martes, 10 de novembro de 2020

Compartimos o reto que chegou hoxe as nosas clases. Nós adiviñámolo, escribímolo, debuxámolo...e queremos aprendelo de memoria 😉.