ESTE É O BLOG DO ALUMNADO DE 6º. NEL IRÉMOSVOS CONTANDO AS COUSAS QUE VAN PASANDO NAS AULAS E POÑEREMOS ALGUNHA FOTO. AGARDAMOS QUE VOS GUSTE.
xoves, 19 de maio de 2022
LYDIA PÉREZ, CAMPIOA DE ESPAÑA DE LOITA LIBRE, VISITA 5º A
xoves, 12 de maio de 2022
VISITA DO PIRAGÜISTA NOEL DOMÍNGUEZ
Ao longo do mes de maio, estanse impartindo nas aulas de 5º uns obradoiros sobre intelixencia emocional. Por este motivo, o xoves 12 contamos coa presenza de Noel Domínguez, piragüista profesional. Explicounos que o máis importante na vida deportiva é saber manexar o éxito; pero sobre todo o fracaso, do que sempre se saca unha aprendizaxe para a vida. Noel graciñas polo teu tempo!
martes, 10 de maio de 2022
"NAVEGA CON RUMBO"
Esta semana Federico Ramiro, enxeñeiro informático, veu ao colexio para impartir unha charla sobre a navegación segura e internet. Deunos dez consellos para manexarnos de xeito fiable pola rede.
venres, 6 de maio de 2022
ACTIVIDADE SOBRE IGUALDADE
xoves, 5 de maio de 2022
VISÍTANOS FINA CASALDERREY
O mércores, 4 de maio, contamos coa presenza da escritora, Fina Casalderrey, nas aulas de 5º. Tivo ao noso alumnado engaiolado, compartindo as súas experiencias e vivencias como mestra e creadora de historias para nenas e nenos. Explicounos o motivo que a levou escribir; e falounos sobre o libro que limos no 2º trimestre: O MISTERIO DOS FILLOS DE LÚA. Foi un placer contar coa súa presenza. Grazas FINA!
martes, 3 de maio de 2022
sábado, 23 de abril de 2022
OBRADOIRO DE EDUCACIÓN PARA A SAÚDE
O xoves, 21 de abril, a psicóloga Alba Fernández Esperón, impartiu un obradoiro de "Educación para a saúde". O 28 de maio visitounos de novo, e continuou abordando a temática emocional na aula de 5°A. Hoxe, 28 de maio, iniciouse o taller de emocións na aula de 5° B, a cargo doutra especialista na materia. Nas dúas sesións que dura o taller, trátanse as habilidades sociais e ofrécense técnicas para a resolución de conflitos na vida diaria.










































