venres, 16 de xuño de 2023

CAMPAMENTO 2023

 Neste ano cheo de novas experiencias, non podía faltar a excursión de FIN DE CURSO. 

O campamento estivo cheo de ilusión, risas, colaboración, compañerismo, emoción, aventuras...É unha experiencia que non esquecerán facilmente.


                                                                                        Se pinchades na imaxe veredes máis fotos

Moitas grazas a todos e todas pola vosa colaboración

venres, 19 de maio de 2023

POESÍA NO VILAVERDE

 Hoxe foi o día de lectura das nosas poesías, en homenaxe as LETRAS GALEGAS 2023. Todos os nenos e nenas estiveron moi emocionados ó recibir ós gañadores e gañadoras deste ano.



E, por suposto, dar as grazas ós nosos presentadores e presentadoras. Estivo xenial !!!!!



Moitas grazas a todos e todas.

luns, 15 de maio de 2023

TERESA PORTELA E NOEL DOMINGUEZ


Tivemos unha xornada moi especial cunha das nosas deportistas olímpicas e, cun deportista que apunta lonxe. Eles explicaron valores como: respecto, colaboración, constancia... Deixamos un pequeno vídeo para poder coñecelos un pouquiño máis.

Un día no CEIP VILAVERDE cos deportistas TERESA PORTELA E NOEL DOMÍNGUEZ. 




Deixamos unha serie de vídeos para poder coñecer, un pouco mellor, a unha das nosas piragüistas olímpicas TERESA PORTELA.




Teremos a sorte de coñecela. E, tamén, estará con nós NOEL DOMINGUEZ, un dos deportistas galegos con maior proxección de futuro.



Será un día especial e enriquecedor para todos os nenos e nenas.

xoves, 11 de maio de 2023

VISITA Á MISIÓN BIOLÓXICA DE GALICIA

 

O xoves 11 de maio de 2023, os nenos e nenas de 6 de primaria foron de visita a MISIÓN BIOLÓXICA DE GALICIA.

Un entorno natural na parroquía de Salcedo. Alí coñecimos as diferentes actividades que se están a desenvolver no CONSELLO SUPERIOR DE INVESTIGACIÓNS CIENTÍFICAS.

Descubrimos termos como banco de sementes, estreses biótico e abiótico, usos alternativos ... así como, diferentes tipos de millo. Tamén, tivemos tempo de facer dous experimentos; un de conservación de sementes e outro de viabilidade (esperemos que algunha das sementes que os nenos e nenas levan a casa,  xerminen)



                                                                                                    * Se clicades na imaxe podedes ver máis fotos



Pasámolo fenomenal !!!!!!!!!!!!!!!

mércores, 26 de abril de 2023

PLANTACIÓN NO MONTE DA FRACHA

26/04/2023 día mo que os nenos e nenas de 6º de Primaria, acudiron o MONTE DA FRACHA , para plantar unha árbore. Agora soamente nós queda coidala, mimala, axudarlle a crecer... contribuindo deste xeito ó desenvolvemento do obxectivo número 15 da axenda 2030 que consiste en: 



Protexer, restaurar e promover o uso sostible dos ecosistemas terrestres, xestionar de forma sostible os bosques, combater a desertificación, deter e reverter a degradación da terra e frear a perda de biodiversidade.


                                             Se pinchades na imaxe podedes ver máis fotos 


Día moi especial para todos nós.
                                                                                                         Moitas grazas

luns, 24 de abril de 2023

20.000 LEGUAS BAIXO DOS MARES

 O pasado 23 de Abril celebramos o día do libro. 

No cole estivemos a traballar un dos clásicos de JULES VERNE. Intentando que os nenos e nenas desenvolveran a súa imaxinación; establecendo relación entre o que se conta no libro e, como sería posible levalo ó cine.

Coñecimos as persoaxes máis significativas da novela: o profesor Aronnax, o canadiense Ned Land, o intrépido capitán Nemo ... 

O venres visualizamos un anaco da película do ano 1954. 

Resultou unha actividade moi curiosa e entretida.


Gracias a unha compañeira tamén poidemos ter entre as mans, o libro que estamos a traballar a través da BIBLIOTECA VIRTUAL.


Adaptación realizada pola Asociación Juan XXIII.

sábado, 22 de abril de 2023

BOSQUE DA ESPERANZA

 Dende o colexio estamos a participar nunha iniciativa cuxo obxectivo principal é a reforestación do monte da FRACHA. Contribuindo , deste xeito, ó cumprimento do obxectivo número 15, da axenda 2030; impulsada pola ONU.

Nesta iniciativa , ademais do CEIP VILAVERDE MOURENTE, participan a empresa PRE ZERO, A COMUNIDADE DE MONTES DE TOMEZA E DANIEL (impulsor da iniciativa).

Esta actividade encádrase dentro dos OBXETIVOS DE DESENVOLVEMENTO SUSTENTABLE


Como punto de partida, tivemos unha pequena presentación da actividade.





Continuaremos o 26/04/2023 indo a plantar unha das seguintes árbores: carballo, alcornoque e piñeiro. Esperamos que as familias dos nosos nenos e nenas podades acompañarnos. 


Moitas grazas