A profe Andrea sorprendeunos cunha sesión moi especial adicada á WANGARI MAATHAI, Premio Nobel da Paz 2004, muller, africana, loitadora da conservación dos espazos naturais e defensora da natureza.
Aprendimos moitos datos da súa biografía, a importancia da súa figura e da súa mensaxe.
Debatimos sobre respecto á natureza, solidaridade, igualdade e compromiso co entorno. Comentamos moitas das súas frases coñecidas e empregámolas como lemas nalgúns dos nosos veleiros verdes.
Visionamos o fermoso conto do colibrí narrado pola propia Wangari. Tamén seguimos con moito interese a historia do libro WANGARI Y LOS ÁRBOLES DE LA PAZ.
Encantounos!!!
Xa estamos "ideando" a maneira de poñer a nosa semente para facer medrar un mundo máis verde e sostible.
En palabras de Wangari:
CANDO PLANTAMOS ÁRBORES, PLANTAMOS AS SEMENTES DA PAZ E AS SEMENTES DA ESPERANZA.
CANDO PLANTAMOS ÁRBORES, PLANTAMOS AS SEMENTES DA PAZ E AS SEMENTES DA ESPERANZA.
Ningún comentario:
Publicar un comentario