xoves, 1 de outubro de 2020

UN PROXECTO NOVO

Despois do traballo con virus e bacterias, comezamos un proxecto novo: OS VOLCÁNS.

Todo comezou coas curiosidades provocadas pola carta das nosas mascotas e as erupcións do pasado verán. Ademais buscando información sobre a planta GOMERA da illa da GOMERA nas illas CANARIAS "tropezamos" coa información de que eran "illas volcánicas".

Escribimos en gran grupo e, por orde, que sabemos ou cremos saber sobre os volcáns.

Comentamos as nosas respostas e anotamos as preguntas ou curiosidades que pretendemos averiguar nos próximos días.

Xa temos algunha información atopada en libros do cole...tamén temos localizados varios videos que, de maneira entretida, explican algunhas das nosas curiosidades. Imos colgando algúns deles para compartir coas nosas familias e poder velos de novo en casa:

En Plástica:

Ningún comentario:

Publicar un comentario