Hoxe, para rematar o trimestre, tivemos unha xornada diferente...ese "bichiño" que todas e todos sabemos fixo cambiar moitas das actividades que eran unha tradición no cole nestas datas.
Este ano non houbo chocolatada nin visita do Apalpador por mor da pandemia, pero chegou a súa mensaxe en video.Tamén apareceron as chuches nun saco que repartiron as nosas profes.
As merendas tamén foron "especiais" e típicas desta época: turróns, biscoito, "polvoróns" e moito-moito chocolate.
Seguimos o circuito emocional cos desexos de todo o cole:
Foi día de recollida de materiais, xogos na aula e de película.
De fondo musical, escoitábanse por todo o cole cantigas e panxoliñas.
No patio todas as clases participamos no recreo e na saída cun baile.
Agora toca despedir o trimestre e renovar enerxías para comezar con ilusión o novo ano.
FELICES FESTAS E PRÓSPERO 2021
Ningún comentario:
Publicar un comentario