venres, 11 de febreiro de 2022

CELEBRAMOS O DÍA INTERNACIONAL DA NENA NA CIENCIA NAS AULAS DE 5º

As científicas da Misión Biolóxica de Galicia estiveron connosco celebrando o Día Internacional da Muller e da Nena na Ciencia. Faláronnos de mulleres senlleiras neste eido como Marie Curie, Ada Lovelace, Hedy Lamarr... Tamén compartiron coas aulas de 5º as súas investigacións sobre como se defenden as plantas fronte ás infeccións bacterianas. Explicáronnos como funciona un grupo de  investigación científica e as diferentes labores que desempeñan dentro do mesmo. 
Grazas a estas investigadoras por compartir connosco esta xornada!





Ningún comentario:

Publicar un comentario