ESTE É O BLOG DO ALUMNADO DE 6º. NEL IRÉMOSVOS CONTANDO AS COUSAS QUE VAN PASANDO NAS AULAS E POÑEREMOS ALGUNHA FOTO. AGARDAMOS QUE VOS GUSTE.
xoves, 23 de abril de 2020
mércores, 22 de abril de 2020
22 de abril - DÍA DA TERRA
Celébrase o 50 aniversario da conmemoración anual do DÍA DA TERRA, o 22 de abril, festividade creada para lembrarnos a responsabilidade de coidar e
protexer ao noso planeta.
Con esta celebración preténdese aumentar a preocupación polo medio ambiente e os problemas ambientais.
Nós relacionamos esta preocupación con temáticas traballadas no primeiro e no segundo trimestre: cambio climático, enerxías, reciclado...
Podemos facer un MUNDO MELLOR, coas TRES ERRES:
R - REDUCIR
R - REUTILIZAR
R - RECICLAR
Comenta en familia: Que estamos facendo xa? Que podemos facer desde as nosas casas?
Podemos facer un MUNDO MELLOR, coas TRES ERRES:
R - REDUCIR
R - REUTILIZAR
R - RECICLAR
A profe Lola mándanos esta canción para vós:
Anímádevos a bailala e cantala seguindo o texto do video. 😉
luns, 20 de abril de 2020
PROPOSTAS semana 20 ao 24 de abril
Aportamos novas SUXESTIÓNS e recordamos que seguimos en contacto. Temos a vosa disposición o chat do faladoiro e os correos do blog e do centro.
1. Temos a montaxe das receitas e propoñemos actividades coa letra da canción Resistiré.
2. Coas aportacións recibidas ata o mércores 22 da proposta de centro FAMILIAS LECTORAS prepararemos sorpresa para celebrar O DÍA DO LIBRO. Estade atentas e atentos...Cada día imos subindo as imaxes recibidas e montadas en diapositivas.
3. A proposta cos retos matemáticos segunda quincena de abril sigue ata o día 30 de abril. Recibimos xa por correo gmail as fotos de nenas e nenos que remataron os 11 retos...esperamos a vosa participación. Son retos de repaso, o día 1 de maio daremos as solucións.
Retos segunda quincena de abril
Plantilla para anotar solucións
4. Temos aberta a proposta de LIBROS FAVORITOS ata o mércores 29. Recordamos que para participar nesta actividade precisamos dúas fotos:
-Unha foto vosa co libro favorito na que se vexa a portada.
-Unha segunda foto do traballo escrito coas razóns polas que é o voso libro preferido -coidando letra e presentación-
Xa chegaron as primeiras participacións e iremos engadindo día a día.
5. Unha suxerencia artística. Clicade no seguinte enlace:
Coas miñas mans
A que invita a facer algunha artistada...😉😊
6. Suxerimos unha actividade escrita dunhas oito/dez liñas, escrito a man, coidando letra e presentación en lingua castelá.
Título: DESDE MI VENTANA
Todas e todos nós seguimos nas nosas casas esperando que mellore a situación e poidamos saír...Temos fiestras desde as que vemos. Que vemos? Mirade, observade, contádeo e compartilo.
Serían dúas fotos:
-Unha foto vosa co mellor sorriso con ventá por exemplo 😍
-Unha foto da vosa redacción.
Veredes como aplaudimos cando teñamos todas esas vistas xuntas e ademais sexan unha grande anécdota porque PODEREMOS SAÍR PRONTO. 😉
Prazo de entrega ata o xoves 30 de abril.
7. Podedes acceder directamente aos blogs de Música, EF e Inglés na esquina esquerda do blog, onde tamén está o enlace da profe de Relixión Católica.

Video receitas - QUEDAMOS NA CASA! 2
Xa temos o video da nosa segunda actividade conxunta: QUEDAMOS NA CASA! 2
Compartimos a montaxe coas imaxes das cociñeiras e dos cociñeiros de 3º que con ilusión e moito esmero resisten nas súas casas:
Esta vez, empregamos como banda sonora unha das cancións máis populares nestes días de confinamento. Trátase da canción Resistiré - versión 2020.
Clicando no seguinte enlace: letra da canción, tedes o texto da canción e o nome dos artistas que interpretan a versión. Podedes traballar o texto, reescribila, buscar o significado do vocabulario novo e tamén cambiar o tempo da canción (por exemplo, escribir a canción cos verbos en presente)

Esta é unha versión karaoke da versión clásica coa lingua de signos 😉
Temos tamén unha versión coreografiada no blog de EF. Igual alguén se anima a facer foto ou video e pode mandarlle unha mensaxe no seu correo-e.
Agradecemos ás familias a colaboración prestada nesta actividade. Esperamos que vos guste.
Vai por todas as nenas e os nenos de 3º que resisten nas súas casas e desexan o pronto regreso ás nosas aulas!
FORZA e ÁNIMO!!!
Con moitos agarimos das vosas profes Mª José e Maite😍😍

mércores, 15 de abril de 2020
FAMILIAS LECTORAS
20200415 .- Noraboa a Candela, Omar, Yago, Natalia, Caetano, Cibrán, Luana, Pablo, Carla e Inés que nos presentan os primeiros momentos lectores da semana 👏👏👏
20200416 .- Parabéns a Inés, Clara, Alexis, Luca, Raquel e Noa que nos presentan os seus momentos lectores 👏👏👏
20200417 .- Hoxe felicitamos ás familias de Martín, Carmela, Ana, Manu, Aldara, Pablo, Jimena e Sergio pola súa participación.👏👏👏
20200420 .- Hoxe felicitamos ás familias de Mariña, Dani, Marco, María, Mateo, Roque e Sabela pola súa participación.👏👏👏
20200421 - Hoxe felicitamos ás familias de Alicia, Loreto, Vera e Tsion pola súa participación.👏👏👏
20200422 - Hoxe felicitamos ás familias de Carla M., Hugo, Carla J., Jimena, Martín, Amira, Clara, Nerea, Naiara, Esther, Mario, Cristina, Adael e Xan pola súa participación.👏👏👏
Animamos a seguir enviando esas fotos de lectura individual ou familiar. Ata podedes mandar máis dunha...sabemos que hai moitas lectoras e moitos lectores entre vós 😉😉😉. Temos de prazo ata o día 22 de abril.
Fotos do albúm Familias lectoras
martes, 14 de abril de 2020
Lectura. QUEDAMOS NA CASA! (3)
No mes de abril celebramos o DÍA do LIBRO. Propoñemos unha nova actividade de centro titulada "Familias lectoras".
Como quedamos na casa a lectura é unha das actividades que máis nos axudan a manternos ben, a facilitar os momentos de lecer, a compartir coa familia...
Podemos remitir unha foto deses momentos lectores en familia. Cadaquén co formato que máis lle guste (libro, cómic, receitas, xornal, libro dixital...) e o lugar onde máis goce con esa lectura.
Para iso, se vos apetece colaborar:
1.- Poñeredes un título á foto e colocaredes os datos da lectura que estades a facer.
2.- Remitiredes -se é posible antes do 22 de abril- título, foto e datos da lectura ao correo do noso blog.
E nunha segunda parte, de lecturas favoritas:
3.- Unha foto do libro que máis vos gusta, na que saiades vós co mesmo véndose a portada.
4.- Unhas líneas escritas coas razóns polas que é o voso libro favorito.
Remitiríanse as dúas imaxes -se é posible antes do 29 de abril-.
ANIMÁDEVOS!!! 👀
Nós compartiremos e celebraremos no blog todas as vosas aportacións e coñeceremos os vosos gustos lectores.
AVISOS semana 14 ao 17 de abril

Aportamos novas SUXESTIÓNS e recordamos que seguimos en contacto. Temos a vosa disposición o chat do faladoiro e os correos do centro e do blog.
Coas receitas recibidas ata o venres 17 preparamos sorpresa. Estade atentas e atentos...
Propoñemos uns pequenos retos matemáticos de repaso para a última quincena do mes de abril. O día 1 de maio colgaremos as solucións. Preme sobre os seguintes enlaces:
Retos segunda quincena de abril
Plantilla para anotar solucións
Para ler, reflexionar, investigar, escribir, expresar emocións... en tempos de confinamento. Clica sobre a seguine imaxe:
Retos segunda quincena de abril
Plantilla para anotar solucións
Para ler, reflexionar, investigar, escribir, expresar emocións... en tempos de confinamento. Clica sobre a seguine imaxe:
Unha infografía interesante para ver, ler e comentar en familia 😷:
![]() |
| Preme para vela mellor |
Unha receita moi especial, se alguén se anima ata o final...igual pode mandarnos algunha foto cos resultados 😃😉
![]() |
| Preme para vela mellor ou descargala |
Se buscamos ideas para traballar a expresión oral, podemos fabricar os "instrumentos" necesarios e xogar de maneiras diferentes coas propostas do enlace anterior.
Nos blogues de Música, Inglés, Educación Física tamén atoparedes suxestións con diferentes actividades.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)