luns, 18 de xaneiro de 2021

DIVISIÓN CON DÚAS CIFRAS NO DIVISOR

Repasamos "tablas de multiplicar", as partes dunha división e a división cunha cifra no divisor.

E xa coas pilas cargadas, despois das vacacións de Nadal, comezamos a dividir con dúas cifras no divisor.

 

Seguimos, paso a paso, as indicacións do material explicado na clase. Na esquerda do blog, debaixo dos problemas, temos as explicacións e as páxinas de exercicios que estamos resolvendo nas nosas aulas.

O seguinte video tamén pode axudarnos:


martes, 12 de xaneiro de 2021

RECTAS E ÁNGULOS

Estes días recordamos algunhas cousiñas sobre rectas, segmentos e ángulos do curso pasado...e aprendemos algunha máis. 

Repasamos cos seguintes videos comentados na clase:

E tamén practicamos con algunha ficha interactiva:

Rectas, semirrectas e segmentos

Tipos de rectas 

Rectas e ángulos 1

Rectas e ángulos 2 

martes, 22 de decembro de 2020

REMATAMOS O TRIMESTRE

Hoxe, para rematar o trimestre, tivemos unha xornada diferente...ese "bichiño" que todas e todos sabemos fixo cambiar moitas das actividades que eran unha tradición no cole nestas datas.

Este ano non houbo chocolatada nin visita do Apalpador por mor da pandemia, pero chegou a súa mensaxe en video.Tamén apareceron as chuches nun saco  que repartiron as nosas profes.
 
As merendas tamén foron "especiais" e típicas desta época: turróns, biscoito, "polvoróns" e moito-moito chocolate. 
 
Seguimos o circuito emocional cos desexos de todo o cole:
 
Foi día de recollida de materiais, xogos na aula e de película
De fondo musical, escoitábanse por todo o cole cantigas e panxoliñas.
No patio todas as clases participamos no recreo e na saída cun baile.
Agora toca despedir o trimestre e renovar enerxías para comezar con ilusión o novo ano. 
FELICES FESTAS E PRÓSPERO 2021

DESEXOS PARA O ANO 2021

   Agora tocan uns días de descanso e celebracións, voltaremos coas "pilas cargadas" e os mellores ánimos para as actividades e os proxectos que nos agardan co novo trimestre.

OS MELLORES DESEXOS PARA O ANO 2021!!! 
 



luns, 21 de decembro de 2020

ANIMACIÓN LECTORA e PROPOSTA TEATRAL

Escollimos nas bibliotecas de clase un libro para gozar da súa lectura durante os próximos días de vacacións.

Leremos e "viviremos" moitas historias coa nosa imaxinación.

A volta comentaremos... 

Tamén presentamos unhas propostas para asistir ao teatro desde a casa:

Máis información clicando sobre as imaxes

mércores, 16 de decembro de 2020

POSTAL DE NADAL CON CIRCUITO ELÉCTRICO

O mércores 16 e o xoves 17 de decembro recibimos unha nova proposta relacionada co Nadal. Elaboramos unha tarxeta para felicitar estas festas tan especiais, pero tamén aprendemos como funciona un circuito eléctrico, e incluso fixemos un! A explicación púxoa en marcha o profe Andrés xunto coa profe Maite, secretaria do centro, coa colaboración das nosas titoras.




martes, 15 de decembro de 2020

 

Hai  nova entrada no blog ENGLISH 4 5 6 de data Tuesday, 15 December 2020 con vocabulario, actividades, videos e tarefas online sobre "CHRISTMAS TIME".