venres, 8 de novembro de 2019

MAGOSTO 2019

Traballamos o Samaín e o Magosto desde moitos e variados aspectos. Hoxe mesmo rematamos o noso esquema de hexágonos sobre o texto "A ASAR CASTAÑAS" e démoslle os últimos retoques aos nosos amuletos para a exposición solicitada por Antío.
Aportamos castañas xa amosegadas que deixamos na zona da entrada do cole. Paco encargouse da fogueira e tivo axuda do alumnado de 6º.
Despois do recreo, comezou a celebración festiva co baile de Uxía Lambona e a Banda Molona - O Samaín.  Levamos unha tarxeta identificativa co personaxe que interpretamos na canción. 
Velaquí algunhas das imaxes:
https://photos.app.goo.gl/Z5BkvnHFMfx2ujpB7
Despois as nenas e os nenos de 6º repartiron as castañas asadas. Os grupos estabamos organizados en rodas e nós tiñamos os cucuruchos preparados...que fame!!! Ata fixemos tempo mirando as noticias nos periódicos e atopamos varios mapas metereolóxicos...
https://photos.app.goo.gl/udQsKMgbB3585eef7
Rematamos cun obradoiro de maquillaxe a cargo dalgún alumnado voluntario de 6º e dalgunhas profes que foron deseñando motivos do máis variado.
https://photos.app.goo.gl/v6qn3fYPpzj4GQR1A
https://photos.app.goo.gl/dTcBuEQKQQkLPSsx9E rematamos coa recollida e limpeza do patio. Agora a esperar que a seguinte celebración sexa tan divertida como esta xornada.














Preme sobre as imaxes para ver máis fotos.

Ningún comentario:

Publicar un comentario