luns, 4 de novembro de 2019

PROXECTO AQUALOXÍA - CICLO DA AUGA

Hoxe recibimos unha visita moi especial, a Dra. "Solete" achegounos información sobre a auga. Repasamos O CICLO NATURAL DA AUGA para traballar despois sobre os usos que se fan con ela,  como chega  ás nosas casas, os tratamentos que son necesarios para poder bebela ou para devolvela ao medio natural e como aforrala.
Na  pantalla seguimos a historia do ciclo urbano da auga cos personaxes de Aqualoxía. Tamén fixemos uns pequenos experimentos. Agora estamos "comprometidas" e "comprometidos" coa importancia da auga e o medio ambiente e recibimos un DIPLOMA acreditativo.
Preme para ver máis imaxes
Preme para ver máis imaxes
Esta actividade foi posible coa colaboración de Viaqua e o concello de Pontevedra.

Na clase reflexionamos sobre o traballado neste obradoiro e afondamos na explicación do ciclo da auga. Aproveitamos para visionar uns curtos que compartimos coas familias.

A auga existe na Terra en tres estados: sólido (xeo, neve), líquido e gasoso (vapor de auga). Océanos, ríos, nubes e chuvia están en constante cambio: a auga na superficie evapórase, a agua nas nubes precipita, a chuvia fíltrase na terra, et. A circulación e conservación da auga na Terra chámase ciclo hidrolóxico ou ciclo da auga. Cando se formou, hai aproximadamente catro mil quinientos millóns de anos, a Terra xa tiña no seu interior vapor de auga.

Suxerencias lectoras arredor do tema da auga, os estados da auga e o ciclo da auga: 

https://weeblebooks.com/libros/Aventuras%20y%20desventuras%20de%20una%20gota%20viajerapdf.pdf  
A primeira historia  foi lida e comentada na clase.
A segunda é unha proposta para ler na casa "clicando" sobre a imaxe.

Ningún comentario:

Publicar un comentario