Nestas datas traballamos arredor do SAMAÍN.
Fixemos buscas no dicionario.
Limos historias relacionadas con esta celebración.
Traballamos os medos e con historias de medo.
Organizamos a información sobre o Samaín en esquemas 5x5.
Na biblioteca de Lampi participamos en diferentes obradoiros de tarxetas do Samaín ou de apócemas máxicas.
Fixemos algunha actividade robótica...
Fixemos algunha actividade robótica...
Tamén elaboramos amuletos para protexernos de moitos "males" ou darnos "sorte" de maneiras diferentes. Empregamos unha pasta moi parecida ao barro, modelamos e deseñamos diferentes talismáns ou amuletos que moi pronto estarán expostos nos corredores do centro.
Despois da exposición, poderemos levalos para casa...
Despois da exposición, poderemos levalos para casa...
Ningún comentario:
Publicar un comentario